Assassin’s Creed III estrea novo capÃtulo descargable
martes, 19 de marzo do 2013
O xogo Assassin’s Creed III está
a ampliar a súa experiencia mediante unha historia descargable titulada La TiranÃa del Rey Washington, que hoxe
recibe o seu segundo capÃtulo, La
Traición, no que Ratonhnhaké (Connor) obtén o Poder da Aguia que confÃrelle
o acceso a un extraordinario conxunto de obsequios que o capacitarán para
desenvolver reaccións tan rápidas como un lóstrego e engadir outra dimensión ao
sixilo, indo máis aló do poder do Lobo adquirido no anterior capÃtulo deste
DLC.
Esta aventura alternativa sitúase nunha liña temporal paralela na que Connor
nunca foi un Assassin, e acepta unha misión para loitar pola liberdade que
neste novo episodio lévao a Boston para atopar un aliado na súa guerra contra o
rei, e iniciar unha nova revolución.
Cada un destes contidos poden adquirirse de xeito separado no
Bazar de Xbox LIVE (Xbox 360), en Uplay
(PC) e en Steam (PC)
dende hoxe mesmo, chegando mañá á PlayStation Network (PS3) e o xoves a Wii U,
custando cada paquete solto 9,99 euros, aÃnda que os xogadores que estean
interesados en adquirir todos estes contidos adicionais para o xogo tamén poden
adquirir un pase de tempada, que inclúe todos os DLC que sairán para este xogo.
Trailer do novo capÃtulo de Assassin’s Creed III
- No xogo amósase unha liña temporal alternativa na que Connor nunca foi un Assassin
- Ratonhnhaké desenvolve un maior sixilo grazas ao Poder da Aguia