Assassin’s Creed Shadows chega por fin a consolas e ordenadores persoais
xoves, 20 de marzo do 2025
Tras varios adiamentos, rematou a espera e xa podemos xogar a Assassin’s Creed Shadows, un xogo dispoñible para PlayStation 5, Xbox Series X|S, PC, Mac e Amazon Luna, que en breve chegará tamén a iPad, pero que destaca non só por ser a última grande entrega da serie Assassin’s Creed, senón por estar considerado como a última oportunidade de Ubisoft tras unha serie de fracasos consecutivos que deixaron a compañÃa nunha comprometida situación económica.
Este novo xogo traslada ao xogador ao Xapón feudal, podendo adoptar o rol dunha Assassin shinobi chamada Naoe (que deberá empregar o sixilo e o enxeño para superar as súas millóns) ou do carismático samurai de lenda Yasuke (que se enfrontará cara a cara con numerosos inimigos facendo uso dun completo arsenal). Deste xeito podemos elixir con que personaxe superamos as misións en función do enfoque que queiramos darlles, xa que cada un ten unhas habilidades e estilos de xogo moi diferentes.
Até o momento o xogo está a recibir moi boas puntuacións da crÃtica especializada, aÃnda que o máis problemático para este tÃtulo será a reacción ante certos comentarios tóxicos provocados tanto polos protagonistas do tÃtulo (unha muller e un home negro, o que provoca ataques tanto de misóxinos como de racistas) como pola representación do Xapón (pois as imprecisións históricas tenden a criticarse durante no paÃs nipón cando chegan de compañÃas estranxeiras).
Tráiler de lanzamento do xogo