Assassin’s Creed Shadows non verá a luz até febreiro
mércores, 25 de setembro do 2024
Ubisoft presentou hoxe os seus obxectivos financeiros para o vindeiro ano fiscal, nos que se inclúe unha relaxación das súas expectativas sobre lo novo xogo Star Wars Outlaws, ao que haberÃa que engadir un anuncio que para moitos pode ser decepcionante: o xogo Assassin’s Creed Shadows adÃa o seu lanzamento até o 14 de febreiro de 2025.
Aseguran que aprenderon a lección con Star Wars Outlaws, e que prefiren dar máis tempo a Assassin’s Creed Shadows para conseguir un xogo máis pulido e que cumpra o compromiso de que os seus protagonistas (Naoe e Yasuke) teñan estilos de xogo moi diferentes.
Tamén sosteñen que o xogo se afastará do modelo de pase de tempada, que todos os compradores poderán gozar do xogo dende o mesmo dÃa e que as reservas recompensaranse coa primeira expansión de balde.
Un detalle bastante sorprendente é que este xogo estará dispoñible en Steam dende o primeiro dÃa (cando nos últimos tempos daban prioridade á súa propia plataforma dixital para PC, o que resultou ser unha mala táctica comercial).
Estamos ante unha serie de cambios moi importantes, que aÃnda que non afecten especialmente ao desenvolvemento do xogo, poderÃan marcar unha pauta para os futuros tÃtulos de Ubisoft, que buscarÃan respectar máis aos usuarios ofrecendo produtos máis traballados e sen prácticas económicas criticables.
Tráiler do xogo