Assassin’s Creed Syndicate trasladará a acción ao Londres vitoriano
martes, 12 de maio do 2015
Continuando a senda marcada por Assassin’s Creed Unity, Ubisoft presenta o que será a nova grande
entrega desta franquÃa, Assassin’s Creed Syndicate,
que dará un salto da Revolución Francesa ao Londres de 1868, onde coñeceremos
ao noso Assassin, Jacob Frye, que terá que pórse á fronte dun exército formado
por cidadáns das rúas e suburbios para loitar contra os que os explotan na era
da Revolución Industrial. Un interesante xiro que converterase en realidade o
23 de outubro para consolas Xbox One e PlayStation 4, mentres que os usuarios
de PC deberán agardar un pouco máis para facerse con este tÃtulo que polo
momento só concreta que estarÃa dispoñible no outono para ordenadores.
Neste novo Assassin’s Creed
moverémonos por tellados de fábricas, canellas sórdidas e incluso trens en
marcha, mentres lideramos unha banda criminal nunha aventura londiniense que
promete acción, intriga e combates brutais.
Actualmente xa é posible reservar o xogo na súa edición estándar por 59,95
euros, recibindo os usuarios que reserven o tÃtulo en Uplay a misión La conspiración de Darwin y Dickens de
balde. A Gold Edition pola súa banda custa 89,95 euros e inclúe o pase de
tempada, a misión antes mencionada e un traxe exclusivo de Baker Street.
Assassin’s Creed Syndicate tamén
contará con luxosas edicións para coleccionistas, que inclúen extras realmente
atractivos. Temos asà a The Rooks Edition,
que por 71,95 euros inclúe unha caixa de coleccionista, un libro de arte, un mapa
de Londres de dobre cara, a banda sonora oficial e 2 misións para un xogador
adicionais (que achegan unha hora máis de xogo); A Charing Cross Edition por 91,95 euros enriquecerÃa a anterior cunha
figura do cruce de vÃas de Jacob de 26 centÃmetros de alto; e finalmente a Big Ben Collection’s Case contarÃa tamén
cunha litografÃa, un FuturPak exclusivo, unha petaca de calidade e unha figura de 30 centÃmetros de Jacob coa
maquinaria do Big Ben, custando esta luxosa edición 139,95 euros. Esta última
edición tamén incluirÃa o pase de tempada.
Trailer de presentación do xogo
- O xogo contará con edicións para coleccionistas moi completas