Assassin’s Creed Valhalla trasladaranos á invasión viquinga de Inglaterra
xoves, 30 de abril do 2020
Ubisoft presentou o que será a vindeira entrega dunha das
súas franquÃas de máis éxito, Assassin’s
Creed Valhalla, que levaranos á Inglaterra do século IX, onde controlaremos
ao viquingo Eivor, quen liderará ao seu clan na súa conquista de terras
inglesas nunha invasión brutal que poderemos vivir a finais de ano en PS4, PS5,
Xbox One, Xbox Series X, PC e Stadia, ou sexa, que teremos aquà un grande
exemplo de tÃtulo interxeneracional, o que probablemente sexa a norma nesta
campaña de Nadal. No caso das consolas Xbox estaremos ante un xogo con Smart
Delivery, ou sexa, que quen o merque para Xbox One poderá ter de balde a
versión de Xbox Series X cando renove a súa consola, o que pode ser un
incentivo para a compra do xogo na plataforma de Microsoft.
Assassin’s Creed Valhalla métenos na pel de Eivor, lenda viquinga na
procura de gloria (e da que poderemos elixir se é home ou muller), que explora
a Inglaterra dos seus anos escuros mentres saquea aos inimigos, fai prosperar o
seu asentamento e consolida o seu poder polÃtico.
No xogo poderemos dirixir épicos saqueos viquingos contra fortalezas e tropas
saxoas, loitar a dúas mans con poderosas armas e revivir o brutal estilo de
combate dos viquingos, moldear ao personaxe con cada decisión ara forxar o seu
camiño cara a gloria, explorar un grande mundo aberto (que vai dende as costas
de Noruega até os reinos de Inglaterra) e personalizar a experiencia segundo vaimos
facendo prosperar o asentamento do clan.
Este ambicioso xogo está xa
dispoñible en reserva, con diversidade de edicións, de xeito que poderemos
facernos cunha edición estándar que incluirá como contido adicional a misión A
Senda do Berserker; a edición Gold incluirá tamén un pase de tempada que
incluirá contidos que irán chegando progresivamente tras o lanzamento do xogo;
a edición Ultimate incluirá tamén unha chea de complementos para o xogo; e,
finalmente, a edición para coleccionistas, contará con extras fÃsicos,
como unha figura de 30 centÃmetros da versión feminina de Eivor, unha pequena
figura (5 centÃmetros) de Eivor, unha caixa única, un steelbook, 3
litografÃa e unha selección de temas das banda sonora do xogo.
Tráiler do xogo