Assassin’s Creed converterase nun xogo como servizo
mércores, 7 de xullo do 2021
Unha filtración levou a que Ubisoft tivese que confirmar
publicamente que están
a traballar nun proxecto que responde ao nome de Assassin’s Creed Infinity, que supón a transformación da franquía de Assassin’s
Creed nun xogo como servizo, na liña do que actualmente podemos ver
con Fortnite e GTA Online, ou sexa,
que en vez de lanzar diferentes edicións case anuais será un xogo que irá
recibindo contidos periodicamente.
Nesta nova produción están a traballar os equipos de Ubisoft Quebec e Ubisoft
Montreal, involucrando a numerosos profesionais de anteriores entregas da
franquía dun xeito bastante diferente a como desenvolveron os xogos clásicos,
nos que os títulos estaban centrados nun único estudio, e agora están a enfocarse
máis no talento e o liderado con independencia da sede na que estea presente.
Polo momento Ubisoft non deu detalles sobre a
transformación do modelo de negocio de Assassin’s
Creed, entendéndose que é algo que irán perfilando durante os vindeiros
anos, xa que este proxecto aínda está nas súas fases iniciais de
desenvolvemento, descoñecéndose polo momento se antes de Infinity chegará algunha entrega tradicional da franquía (aínda que
si confirmaron estar a traballar en novos contidos para Assassin’s Creed
Valhalla).