Astérix: Represalia Total convídanos a defender a aldea gala dos romanos

martes, 12 de novembro do 2013 Marcus Fernández

Os afeccionados ás aventuras en banda deseñada do galo Astérix que gusten de xogos como Plants vs. Zombies estarán entusiasmados co novo xogo de Bulkypix, Astérix: Represalia Total, un xogo de defensa no que haberá que protexer a aldea gala dos romanos colocando obstáculos no seu camiño, así como a moitos dos populares galos das historietas gráficas, que terán cadansúas habilidades, polo que a súa colocación dependerá das estratexias que queiramos adoptar. Non falta a poción máxica de Panoramix e a posibilidade de convocar a heroes como Astérix ou Obélix para botar unha man contra as hordas romanas.
Este divertido xogo permite empregar poderes especiais dos deuses galos contra os romanos, mini xogos e a posibilidade de vivir a experiencia de xogos como unha aventura de rol ou un arcade. Está dispoñible para Android e para iOS a un prezo de 1,79 euros, en vez de apostar polo free-to-play como o recente Astérix: Megabofetón.

O novo xogo de Astérix é un clásico tower defense


Trailer do xogo para iOS e Android

PUBLICIDADE