Asus Eee PC: un portátil para os que gustan da mobilidade
mércores, 6 de xuño do 2007
O aumento do tamaño dos ordenadores resulta un
tanto contraditorio (pois reduce a mobilidade dos equipos) polo que algúns
fabricantes comezan a comercializar portátiles de tamaños sumamente reducidos,
coma Asus, que ten xa un equipo de 22,5 x 16,5 x 2,1-3,5 centÃmetros e
un peso de só 890 gramos.
O Asus Eee PC ten unha
pantalla de 7 polgadas, procesador Intel, tarxeta gráfica Intel UMA, 512 Mb de
memoria DDR2-400, disco interno con tecnoloxÃa Flash de capacidades de entre 4
e 16 Gb, webcam integrada e conectividade Wi-Fi e Fast Ethernet, sendo
compatible tanto con Linux coma con Windows XP. Sumando a súa autonomÃa
de 3 horas temos un dispositivo que se converte nun sistema moi atractivo
para o acceso á Rede que calquera lugar, xa que supera en versatilidade ós portátiles
actuais.