Asus integra un ordenador nun teclado
xoves, 8 de xaneiro do 2009Dende Asustek non
paran de explotar a súa marca Eee nacida do ultraportátil de baixo custo máis
coñecido do mundo, e o último produto que anuncian que a utilizará será o Eee
Keyboard, que serÃa un teclado completo que integrarÃa altofalantes,
micrófono, unha pantalla táctil de 5 polgadas, Ethernet, Wi-Fi e, en
definitiva, un ordenador completo sen superar o quilogramo de peso (aÃnda que
cun grosor maior que os teclados actuais).
AÃnda non se coñece a memoria nin o procesador co que contará este orixinal
ordenador (que opta por integrarse no teclado en vez de na pantalla) e que destaca
por facer uso de tecnoloxÃa HDMI sen fÃos, o que poderÃa ser unha
solución ideal para ver contidos propios do ordenador nun televisor de alta
definición.
Polo momento só se trata dun prototipo que se presentou no CES de La Vegas,
pero dende
Asustek aseguran que está moi próximo do produto final, confirmando
que vaise fabricar en masa.