Asus presenta o seu primeiro monitor con Google TV
luns, 10 de xuño do 2024
Estamos afeitos a ver monitores de Samsung que integran o sistema operativo Tizen para ofrecer funcións de Smart TV, e este mesmo concepto está a aproveitalo Asus, compañÃa taiwanesa que está a presentar o Asus ZenScreen Smart MS27UC, un monitor IPS con resolución 4K que serÃa o primeiro da compañÃa en integrar Google TV.
Este novo monitor ten altofalantes Harman Kardon de 5 watts, entradas HDMI 2.0 e DisplayPort 1.4, función de concentrador USB, conector USB-C capaz de subministrar até 90 watts de enerxÃa, Wi-Fi de dobre banda e Bluetooth 5.0, configuración coa que se converte nunha opción moi interesante para quen queira ter un monitor que poida aproveitarse como dispositivo de consumo multimedia sen ter que deixar o ordenador acendido.
Este tipo de solucións resultan especialmente prácticas para quen quere aproveitar o espazo, xa que cunha única pantalla cubre varios propósitos, pero tamén pode resultar de grande interese para quen queira prescindir dun ordenador, xa que poden tirar proveito de servizos de computación e xogo na nube, recuperando o concepto de thin clients que eran tan popular nas empresas hai bastantes anos.