Asus substitúe o touchpad por unha pantalla táctil no ZenBook Pro 15
martes, 5 de xuño do 2018
A
incorporación da Touch Bar no canto das teclas de función nos MacBook Pro
recibiuse dun xeito moi crÃtico hai un par de anos, principalmente polas discutibles
vantaxes deste cambio tan drástico, pero dende Asus consideran que as
interfaces táctiles en ordenadores portátiles si poden resultar prácticas, e
asà sorprenden no Computex presentando un novo ZenBook
Pro 15 cun ScreenPad, ou sexa, substituÃndo o panel táctil do equipo por
unha pantalla táctil Full HD de 5,5 polgadas que operarÃa a xeito de touchpad intelixente.
O ScreenPad ofrece funcións que se adaptan ao que se está a facer a cada
momento, de xeito que presenta atallo que aproveitar en Windows 10, como barras
de ferramentas para o Office, un lanzador de aplicacións, controis de
reprodución musical, unha calculadora, un calendario, un teclado numérico... e
incluso a posibilidade de aproveitarse como un monitor secundario, de xeito que
podemos mover unha aplicación á que non queremos perder de vista (co correo
electrónico ou as nosas redes sociais) mentres traballamos coa pantalla
principal.
Deixando a un lado esta innovación, estamos ante un equipo realmente potente,
que pode configurar con até un procesador Intel Core i9-8950HK, 16 GB de memoria
DDR4, 1 TB de SSD, gráfica nVIDIA GeForce GTX 1050 Ti con 4 GB de memoria,
pantalla LED táctil de 15,6 polgadas cunha resolución de 3.840 x 2.160 pÃxeles,
2 portos USB-C 3.1, 2 portos USB-A 3.1, 1 HDMI, lector de tarxetas microSD, altofalantes
Harman Kardon, toma de auriculares/micrófono, teclado retroiluminado, lector de
pegadas dixitais compatible con Windows Hello, Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0, baterÃa
cunha autonomÃa de até 9 horas e media, un grosor de 1,89 centÃmetros e un peso
de 1,88 quilogramos. Tamén soporta o uso de Asus Pen (lapis dixitalizador con
1.024 niveis de presión).
Estamos ante un ordenador que custará bastante máis de dous mil euros e sairá á
venda a mediados de xullo, contando tamén cunha versión con pantalla de 14
polgadas a finais de ano, que como mellora contarÃa cunha autonomÃa de até 13
horas.
VÃdeo de presentación do Asus ZenBook Pro 15