Ata o 17 de marzo poden solicitarse axudas para a integración da IA
martes, 27 de xaneiro do 2026

- Lorenzana visita as instalacións de Galigrain, empresa beneficiada na pasada convocatoria da liña de axudas
A conselleira de EconomÃa e Industria, MarÃa Jesús Lorenzana, lembrou hoxe que ata o vindeiro 17 de marzo as empresas galegas poden solicitar as axudas da Xunta destinadas á incorporación de intelixencia artificial para a mellora dos procesos industriais e o desenvolvemento de novos produtos ou servizos.
Lorenzana fixo estas declaracións durante unha visita ás instalacións da empresa Galigrain, no porto da Coruña, acompañada pola directora do IGAPE, Covadonga Toca, e polo presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, MartÃn Fernández.
Galigrain, pertencente ao Grupo Nogar, foi unha das empresas beneficiarias desta liña de apoios na pasada convocatoria, grazas á cal está a implantar un sistema de planificación de almacenamento baseado en intelixencia artificial. Esta solución permitiralle reducir tempos e custos enerxéticos, ademais de optimizar o uso dos espazos dispoñibles.
A conselleira explicou que a nova convocatoria conta cun orzamento de 10 millóns de euros e intégrase no paquete de axudas publicado de forma anticipada polo Igape a comezos de ano, que suma no seu conxunto preto de 181 millóns de euros. As axudas previstas poden acadar importes máximos de entre 100.000 e 500.000 euros.
«Cremos que é especialmente importante que as pemes, que adoitan ter máis dificultades, coñezan este programa para que poidan avanzar de xeito progresivo na súa automatización e modernización», sinalou Lorenzana. «Trátase de apoios clave para garantir que, a medio e longo prazo, as empresas poidan manterse, medrar e gañar tamaño», concluÃu.
