Atari distribuirá o xogo dos Cazapantasmas

luns, 10 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Despois de moitos meses de incerteza, Atari anuncia que se fará carga da distribución do xogo Ghostbusters, que devolverá á actualidade aos personaxes das películas dos Cazapantasmas no 25 aniversario da súa primeira entrega cinematográfica.
O novo xogo sairá en 2009 para PS3, PS2, Xbox 360, PC, Nintendo DS e Wii, e situará ao xogador 2 anos despois de Cazapantasmas II, construíndo o que sería unha secuela das películas anteriores, conservando a esencia da franquicia: salvar New York de pantasmas e forzas sobrenaturais grazas a un guión dos propios Harold Ramis e Dan Aykroyd.

Os propios protagonistas das películas (agás Rick Moranis, que decidiu deixar de traballar despois do éxito das películas de Cariño, he encogido a los niños) porán voces aos personaxes do videoxogo, que será un dos moitos produtos que aparecerán para celebrar o 25 aniversario da saga, con xoguetes, camisetas, comics e mesmo o lanzamento en Blu-ray das 2 películas orixinais.

PUBLICIDADE