A finais de mes Atari vai aproveitar a celebración de PAX South en San Antonio (Texas) para presentar interesantes novidades para os amantes da clásica marca de videoxogos, como será Atari Vault, un recompilatorio de un cento de xogos de Atari que poderá mercarse en Steam, e que presentarán unha interface actualizada, así como modos multi-xogador local e en liña, para que estes títulos clásicos poidan gozarse comodamente na actualidade, co detalle de que os taboleiros de puntuación serán globais, o que animará aos máis experimentados xogadores a competir por facerse coas mellores posicións do mundo en xogos que marcaron a súa infancia.
Atari Vault ten previsto saír á venda en primavera e está a ser desenvolvido por Code Mystic, e aínda que non se detallou o catálogo de xogos que incluirá, está confirmado que contará con clásicos como Asteroids, Centipede, Missile Command, Tempest e Warlords, xogos moi sinxelos, pero que marcaron mecánicas que foron evolucionando ata dar lugar a moitos dos xéneros que trunfan na actualidade.
Atari prepara un lote dos seus xogos clásicos adaptados para o PC
Compartir Este Artigo
