Até 139 alumnos participaron nas sesións formativas do proxecto Navegando o Futuro
martes, 23 de xaneiro do 2024
O CIS TecnoloxÃa e Deseño, organismo público pertencente á Axencia Galega de Innovación (GAIN) que aposta polo deseño e a innovación como elementos chave na mellora da competitividade do tecido industrial galego, vén de facer balance dun proxecto do que forma parte, nel tamén participaron ACLUNAGA, CATIM e a Axencia Galega de Innovación, trátase de Navegando o Futuro.
Finalizado o prazo de execución no 2023, o dito proxecto que se orixinou co obxectivo de consolidar a transición tecnolóxica do sector naval mediante o fomento de vocación, a mellora da capacitación tecnolóxica e micro-innovación, está financiado polos fondos FEDER dentro do marco do Programa INTERREG POCTEP España Portugal 2014-2020.
En canto a Navegando o Futuro, dicir que os seus contidos desenvolvéronse para unha plataforma en liña de formación e impartÃronse 8 Sesións Learning by Doing a cargo do CIS TecnoloxÃa e Deseño. A dous delas asiste alumnado portugués acompañado por persoal de CATIM. Un total de 139 alumnos e alumnas e 18 profesores de distintas especialidades de formación profesional relacionadas co sector, como Mecatrónica Industrial, Administración de Sistemas Informáticos e Redes ou Desenvolvemento de aplicacións multiplataformas acudiron a estas sesións de formación coas que mellorar o seu coñecemento de novas tecnoloxÃas.
Organizáronse tamén dúas sesións BOOTCAMP, unha en Galicia e outra en Portugal; e ademais, realizáronse guÃas técnicas sobre diferentes tecnoloxÃas de aplicación para o sector naval como soldadura robotizada, Realidade Aumentada, lubricación hidrodinámica, fabricación aditiva, materiais avanzados, mecanizado robotizado, Intelixencia Artificial (IA) ou Internet of Ships (IoS).
Para dar a coñecer todas as novidades do proxecto púxose a disposición un vÃdeo recompilatorio na canle Vimeo da Axencia Galega de Innovación.