Até 3.000 fogares e empresas de R xa gozan das vantaxes da Fibra Max de R

luns, 28 de agosto do 2023 S. P.

R fixo este verán un breve balance da súa presenza en Malpica de Bergantiños, máis concretamente da presenza da súa Fibra Max. Segundo informou a operadora de orixe galega, a veciñanza de Malpica dispón a día de hoxe “da mellor rede de fibra do mercado para navegar a máis velocidade, con maior cobertura e seguridade; e, por se isto fose pouco, cos contidos das súas series e películas favoritas en calidade 4K”.
En termos máis específicos, os traballos de despregadura levados a cabo por R na vila mariñeira levaron a tecnoloxía de Fibra até o Fogar (FTTH polas súas siglas en inglés) a máis de 3.000 empresas e particulares de Malpica de Bergantiños, que xa gozan das vantaxes da dita tecnoloxía. R engade que seguirá a despregar esforzos para “converterse na operadora con máis cobertura propia na localidade”.
Estas serían, segundo informa a empresa, algunhas das principias vantaxes da fibra de R:
–Ata 10 Gbps de velocidade de internet simétricos; é dicir, coa mesma velocidade de subida e de baixada e ata 4 veces máis rápida que outras fibras. A Internet de R está preparada para alcanzar os 10 Gbps. De momento, xa gozan dun 1 Gbps os usuarios/as particulares.
–Melloras na velocidade e na cobertura. O sistema Wi-Fi 6 de R permite aos usuarios navegar a pleno rendemento, aínda que estean afastados do router.
–Seguridade total. A operadora destaca a integración do “protocolo sen fíos máis seguro do mercado”, que é o WPA3, o que usa a rede de R.
–Sen retardos nin lag. Así o explica a operadora: “Grazas á nosa conexión aos mellores servidores de gaming e a plataformas como Twitch, despídete dos problemas de latencia ou ping”.
–Deco Android 4K incluído. En palabras de R, este decodificador “permítenos converter a tele nunha Smart TV con acceso ás mellores plataformas de streaming en calidade 4K e descargar aplicacións grazas ao seu sistema operativo Android. Ah, e con acceso a rebobina”.

PUBLICIDADE