Até 320 empresas beneficiáronse dos programas tecnolóxicos da Cámara da Coruña
martes, 9 de maio do 2023
A
Cámara
da Coruña presentou o seu balance de actividade 2022, que pechou
cunha “situación de equilibrio orzamentario”, sen ningún tipo
de débeda financeira nin comercial. No informe faise saber que foron
4.500 as empresas e persoas emprendedoras beneficiarias dos programas
que xestiona a entidade.
O
pasado exercicio a entidade trasladou ás empresas un total de 3.3M€.
Así, 1.2M€ destináronse aos programas de impulso á
internacionalización de exportadores.
Para
os programas de fomento do emprego dirixidos a mozos e a persoas
maiores de 45 anos en situación de desemprego, a entidade xestionou
1.5M€ e para os programas de apoio a empresas para innovación e
novas tecnoloxías, manexou un orzamento de 622.000€. Nestes
programas de fomento da innovación e a transformación dixital
participaron 320 empresas. 40 das cales participaron nos programas
Innocámaras e TICCámaras, que se desenvolven en dúas fases, unha
primeira de diagnóstico de situación e informe de recomendacións e
unha segunda de axudas directas ao investimento. Co programa
Industria 4.0 e Ciberseguridade, 16 empresas puideron optimizar o
aproveitamento das tecnoloxías nos seus negocios.
Así
mesmo, a Cámara puxo en marcha plans específicos para fomentar a
competitividade do pequeno comercio e o sector turístico, dos que se
beneficiaron preto de 40 negocios.
Cun
orzamento próximo aos 72.000€, a Oficina Acelera PEME da Cámara
atendeu a 225 empresas, organizou 22 xornadas informativas ás que
asistiron unhas 615 persoas. A través deste servizo, a entidade
atende, de forma gratuíta e personalizada, a pequenas e medianas
empresas, micropemes, autónomos e emprendedores da área interesados
no programa Kit Dixital, en comezar ou en avanzar nos seus procesos
de dixitalización, pero tamén axuda a pequenas e medianas empresas
provedoras de tecnoloxía a introducir os seus produtos e solucións
no mercado.