Até 42 centros educativos incorporáronse este ano ao programa Club da Ciencia

martes, 2 de xaneiro do 2024 S. P.

Preto de 7.200 alumnos de 205 centros aprenden este curso as posibilidades das ciencias e a tecnoloxía a través do programa Club de Ciencia da Xunta de Galicia, cuxa resolución figura no Portal Educativo (formato PDF) e que supón, segundo informou a Consellería de Cultura e Educación, a incorporaron de 42 novos centros e máis de 1.200 estudantes.
Os centros seleccionados tiveron que presentar un proxecto coas tarefas que desenvolven no programa. Cada un deles conta cun profesor coordinador e profesores colaboradores que poderán certificar 30 horas ou 20 horas, respectivamente, en innovación educativa. O orzamento total destinado para este curso ascende a 200.000€.
O obxectivo do Club de Ciencia é “impulsar as vocacións científico-tecnolóxicas entre a rapazada”. Para iso, promóvense capacidades, coñecementos e técnicas para aumentar o interese dos participantes en diversos campos da ciencia e a súa aplicación na tecnoloxía. A creación destes contornos de aprendizaxe impulsa vocacións no ámbito da ciencia, as matemáticas, a enxeñaría e a tecnoloxía e encamiñan o alumnado a estas titulacións.
A actuación enmárcase na Estratexia Educación Dixital 2030 da Consellería de Educación co obxectivo de “mellorar as competencias dixitais e científico-tecnolóxicas do alumnado”.
Os 42 centros de nova incorporación este ano académico son os da seguinte listaxe:
A Coruña
Abegondo IES de Viós
Cerdido CEIP da Barqueira
Ferrol IES Concepción Arenal
Ferrol IES Canido
Miño CPI Castro Baxoi
Oleiros CEIP Ramón María del Valle-Inclán
Ordes CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao
A Pobra do Caramiñal, CEP Plurilingüe Pilar Maestu Sierra
Pontedeume IES Breamo
As Pontes de García Rodríguez IES Plurilingüe Castro da Uz
Ribeira CEIP de Olveira
Santiago de Compostela IES Eduardo Pondal
Teo IES de Cacheiras
Val do Dubra CPI de Bembibre
Lugo
Cospeito CPI Plurilingüe Virxe do Monte
Monforte de Lemos IES Río Cabe
Pontenova, A IES Enrique Muruais
Vilalba IES Santiago Basanta Silva
Ourense
A Gudiña CPI Plurilingüe Laureano Prieto
Barbadás CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro
Celanova CEIP Plurilingüe Curros Enríquez
Maside CPI Terras de Maside
Pobra de Trives, A CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso
Ribadavia IES O Ribeiro
Xinzo de Limia IES Cidade de Antioquía
Pontevedra
O Grove CEIP Plurilingüe de Conmeniño
A Guarda EEI da Gándara
A Lama EPAPU Nelson Mandela
Ponte Caldelas CEIP Manuel Cordo Boullosa
Ponteareas IES Val do Tea
Pontevedra CEIP de Parada-Campañó
Pontevedra CIFP A Xunqueira
Redondela CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda
Sanxenxo IES de Vilalonga
Tomiño IES Antón Alonso Ríos
Vigo IES Santa Irene
Vigo CEIP Plurilingüe Sobreira-Valadares
Vigo IES República Oriental do Uruguai
Vila de Cruces CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas
Vilagarcía de Arousa EEI de Aralde Sobrán
Vilagarcía de Arousa EEI de Vilar-Bamio
Vilanova de Arousa IES A Basella