AtlantTIC sitúa á UVigo entre as 300 mellores universidades do mundo en telecomunicacións

xoves, 21 de xullo do 2022 S. P.

A Universidade de Vigo vén de situarse un ano máis entre as 300 mellores universidades do mundo en materia de telecomunicacións, segundo a clasificación de Shanghai e a Academic Ranking of World Universities (ARWU) que determina a calidade, o prestixio e a relevancia de maís de 1.800 institucións educativas superiores dun centenar de países. Boa parte da responsabilidade deste recoñecemento recae en AtlantTIC, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación e docente da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. En concreto, os papers publicados polos investigadores e investigadoras deste centro contribuíron nun 90,32 por cento (do total da contribución da UVigo) a obter esta posición.
Fontes de AtlantTIC explican que as contribucións abordaron ámbitos 5G, das tecnoloxías cuánticas e da fotónica, da ciberseguridade ou dos satélites, e que moitas delas foron materializadas en colaboración con axencias espaciais como a ESA e grandes multinacionais,
Os indicadores empregados neste ranking inclúen 54 eidos de estudio e a posición de cada universidade analizada calcúlase en función do número de artigos publicados en revistas como Science o Nature, a proxección que alcanzan ditos traballos, a colaboración internacional e premios internacionais como o Nobel e as Medallas Field (aspecto no que as universidades españolas non puntúan).
No último ano xestionáronse con éxito 42 proxectos activos dende AtlantTIC, 21 deles internacionais, e máis de 1,4 millóns de euros captados.
O centro vigués tres grandes áreas de investigación: comunicacións, servizo dixitais e ciberseguridade. Dentro destes bloques, destacan liñas de traballo como radar e teledetección, comunicacións satélite e radio, sistemas aeroespaciais e de defensa, fotónica e comunicacións ópticas, redes de datos, saúde e educación dixital, servizos electrónicos e intelixentes, tecnoloxías multimedia, xestión de datos, seguridade multimedia, privacidade e criptografía, e comunicacións cuánticas.

PUBLICIDADE