Atomic Games podería ter rematado o polémico xogo Six Days in Fallujah

xoves, 4 de marzo do 2010 Marcus Fernández

En abril de 2009 Konami anunciou en 2010 ía comercializar un novo xogo desenvolvido polos estudos de Atomic Games que chegaría para Xbox 360, PC e PlayStation 3 co nome de Six Days in Fallujah e que estaría ambientado na guerra de Iraq, o que ocasionou numerosas críticas, o que levou a Konami a rexeitar a distribución deste título de guerra moderna, o que daba a impresión de que sería o punto e final deste produto, pero agora aseguran non só que o título seguiu adiante, senón que é moi posible que xa estea rematado e na procura dunha distribuidora que o leve ao mercado pese ás polémica xurdidas ao seu redor.
Pese a que o xogo poida ver definitivamente a luz, o estudo que o desenvolveu podería ter perdido xa o 80% do seu cadro de persoal, polo que parece difícil que poida sobrevivir a este controvertido xogo que segundo as voces máis críticas glorificaría a guerra de Iraq.

PUBLICIDADE