Audiencia Nacional suspende o bloqueo de Telegram
luns, 25 de marzo do 2024
O pasado venres transcendeu que o xuÃz da Audiencia Nacional, Santiago Pedraz, como medida cautelar nunha causa pola vulneración de dereitos de propiedade intelectual, ordenaba o bloqueo no territorio español da aplicación Telegram, medida considerada totalmente desproporcionada, pois falamos dunha ferramenta que conta en España con máis de 8 millóns de usuarios activos, aos que prexudicábase directamente con esta medida, vulnerándose os seus dereitos fundamentais.
Durante a fin de semana coñeceuse o detalle do auto do xuÃz Pedraz, que daba un prazo de 3 horas aos operadores españois para bloquear Telegram, pero entendÃase que non se facÃa efectivo até o luns pola mañá, aÃnda que finalmente parece que non será asÃ, pois aseguran que o xuÃz Pedraz finalmente suspendeu o bloqueo a Telegram en España para solicitar máis información á PolicÃa Nacional sobre a incidencia que terÃa sobre os usuarios o bloqueo temporal asà como outros detalles sobre a natureza da platforma.
A medida de bloqueo foi unanimemente criticada, tanto pola súa desproporcionalidade como pola súa falta de eficacia, xa que aÃnda que o bloqueo afectarÃa aos usuarios básicos que simplemente empregan a plataforma para contactar con outras persoas, a quen non causarÃa molestias é aos que precisamente vulneren dereitos de propiedade intelectual, que coñecen sobradamente os métodos cos que conta Telegram dende os seus inicios para saltar os bloqueos. Todo isto levaba a pensar que o xuÃz ditou o auto de bloqueo da plataforma cunha grande ignorancia sobre o impacto real de tal acción e a ridÃcula eficacia dunha medida que, por outra banda, introducirÃa a España na vergoñenta listaxe de estados que exercen a censura na Internet.
Se ben é certo que Telegram tende a ignorar as solicitudes das autoridades xudiciais, parece máis razoable que, de querer tomar medidas contra a plataforma, parecerÃa razoable actual a escala europea, aÃnda que neste caso cómpre salientar que Telegram non ten un volume de usuarios activos grande dabondo para que se lle poida aplicar a Lei de Mercados Dixitais (moi rigorosa). Telegram si serÃa unha plataforma susceptible da aplicación da Lei de Servizos Dixitais, o que pode traducirse en importantes sancións, que de non satisfacerse si poderÃa levar a un bloqueo da aplicación moito máis xustificado que por unha pequena causa nun estado membro da UE.
ACTUALIZACIÓN: Tras recibir a pertinente información da PolicÃa Nacional sobre a natureza de Telegram e o impacto que poderÃa ter o seu bloqueo, concluÃu que tal medida suporÃa «un claro prexuÃzo para aqueles millóns de usuarios que a utilizan (a grande maiorÃa sen ligazón algunha con actividades ilÃticas)» e incluso «en moitos casos se lles impedirÃa realizar labores de Ãndole profesional».
Pedraz tamén aseguran que o informe policial recolle que a medida cautelar contra Telegram terÃa «un certo impacto económico para as empresas ou sociedades que desenvolven grande parte da súa actividade comunicativa a través desta plataforma de comunicación posto que a consideran unha canle fiable e seguro contra intervencións non desexadas».
O maxistrado da Audiencia Nacional tamén recoñece que a medida tampouco serÃa axeitada xa que os usuarios poderÃan empregar proxies e VPN que permiten «acceder a Telegram e seguir consumindo ou publicando tales contidos».