Audiovisuais da Deputación de Lugo emitirá en streaming o oitavo Lucus Intercentros
mércores, 16 de xaneiro do 2019
O
Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo, departamento que dá
continuidade e amplifica o importante labor de divulgación e
formación (audiovisual, dixital) da Fundación TIC, vai emitir en
streaming a oitava edición do Concurso Lucus Intercentros. A
cita será este 18 de xaneiro, dende o IES Muralla Romana de Lugo.
Neste certame de preguntas e respostas sobre contidos propios do seu
nivel formativo participan estudantes de primeiro de Bacharelato de
sete institutos da capital.
A
iniciativa parte do alumnado de Administración e Xestión do Muralla
Romana, coa colaboración do seu departamento de informática, do
CIFP Politécnico, da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón
Falcón e do Centro de Formación Audiovisual de Lugo.
No
certame participará un equipo de dez estudantes, supervisados por un
docente, e técnicos do Servizo de Audiovisuais, que empregarán
catro cámaras e todo o material preciso para a transmisión a través
da Rede do acontecemento. Segundo informa a Deputación de Lugo, o
alumnado rotará polos postos de realizador, mesturador de vÃdeo,
son, e operador de cámara, co fin de aproveitar ao máximo á
práctica formativa.
Contribución
educativa
A
emisión do Lucus Intercentros comezará ás 12:00 horas, e está
previsto que remate ás 14:00 horas coa entrega de premios aos
equipos gañadores. As persoas interesadas en seguir a competición
en tempo real poden facelo a través da
canle de YouTube do Servizo de Audiovisuais da Deputación e do
seu Facebook, e na web do IES Muralla Romana
www.edu.xunta.es/centros/iesmurallaromana.
A Deputación tamén explica que con posterioridade a este evento, as
imaxes gravadas serán a materia prima dun DVD que se entregará aos
centros educativos para divulgar esta actividade. Esta é posÃbel
grazas ao convenio de colaboración entre o Centro de Formación de
Audiovisuais da Deputación e o IES Muralla Romana. O obxectivo é
que os estudantes do CFA completen a súa formación de cara a súa
inserción laboral.