Audiovox permite integrar no automóbil unha PS2

xoves, 24 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Audiovox Corporation anunciou unha nova solución de lecer electrónico para o automóbil, o sistema VOD10PS2Mobile Video PlayStation 2, que vén a ser unha integración dunha consola PS2 de Sony na parte traseira dun vehículo pensando en ter entretido aos cativos da familia durante as viaxes.
Esta solución está composta por unha pantalla panorámica de 10,2 polgadas instalable no teito do automóbil, nun soporte no que está incrustada a PS2, completada por 2 auriculares sen fíos e 2 mandos de xogo sen fíos, así coma un par de xogos (Ratchet & Clank: Going Commando e Hot Shots Golf 3). O seu prezo de venda é de 949,99 dólares (647,36 euros) e polo momento só comercializarase nos EE.UU.

PUBLICIDADE