Auriculares de botón con cables recubertos de kevlar

venres, 26 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Tendemos a pensar que os auriculares de botón teñen mala calidade de son e son moi fráxiles, pero para os usuarios profesionais que gusten deste tipo de accesorios dende Sennheiser teñen os auriculares IE6 que ofrecen unha reprodución musical excelente optimizada tanto para a monitorización profesional de son como para o seu uso con reprodutores multimedia portátiles destacando por contar cun recubrimento de kevlar nos seus cables, o que evita a súa rotura.
Os Sennheiser IE6 teñen unha frecuencia de resposta de entre 10 Hz e 18 kHz, un cable de 1,2 metros, un conector estándar de 3,5 mm, un peso de so 5 gramos e, por desgraza, un elevado prezo (140 euros) que os fan pouco axeitados para o mercado de consumo.

PUBLICIDADE