Autonet leva a Internet por Wi-Fi aos automóbiles norteamericanos
venres, 14 de novembro do 2008
En Galicia
coñecemos sobradamente a posibilidade da utilización de redes Wi-Fi para
acceder á Internet grazas ao router ReVisio de
Level Telecom e Arteixo Telecom, pero en Norteamérica a empresa Autonet Mobile
decidiu explotar directamente unha solución semellante, consistente tamén nun
router que comparte por Wi-Fi unha conexión de banda larga móbil, e que se
utiliza en combinación con bonos mensuais de 1 Gb e 5 Gb de transferencia de
datos por redes móbiles por 29 e 59 dólares ao mes respectivamente.
O servizo conta cunha cobertura
bastante ampla, comercializándose tanto nos EE.UU. como en Canadá, e
permite que durante longas viaxes os pasaxeiros do automóbil poidan acceder á
rede dende os seus dispositivos Wi-Fi (portátiles, móbiles intelixentes,
consolas de videoxogos portátiles…).
Walter S. Mossberg analizou esta solución comercial de conectividade, deixando
notar as limitacións destas conexións (que serÃan case as mesmas que as de
calquera outra solución de Internet móbil) pero destacando
que poderÃa ser unha distracción para os condutores (lembremos que
só deberÃan facer uso do mesmo os acompañantes), aÃnda que a súa principal pega
serÃa o algo prezo do router (que nun principio se vende a 499 dólares).
Pero, ¿por qué acceder á banda larga móbil por Wi-Fi? A resposta é sinxela:
permite o uso dunha mesma conexión por parte de varios usuarios e dispositivos
á vez. Iso non só é máis cómodo, senón que supón un aforro económico. Amais, o
router está optimizado para evitar perder a conectividade á Rede en marcha o que tamén resulta bastante
cómodo, aÃnda que hai que recoñecer que o seu uso non terÃa por qué limitarse
aos desprazamentos, pois nalgúns casos tamén servirÃa para conectarse á Rede na
proximidade ao vehÃculo, o que resultarÃa práctico para os usuarios que se
desprazasen do seu fogar durante as fins de semanas ou vacacións.

