Avansig impulsa a innovación forestal con IA
xoves, 12 de xuño do 2025
A firma galega Avansig foi beneficiaria da axuda outorgada polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) dentro do programa IA360, financiado pola UE-NextGenerationEU. Esta iniciativa ten como principal obxectivo incentivar o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante a aplicación da Intelixencia Artificial. Neste contexto, Avansig atópase desenvolvendo o proxecto Sistema de xestión de coberturas vexetais e masas arbóreas en Intelixencia Artificial.
O principal obxectivo do proxecto é a integración completa e validación deste sistema para optimizar a xestión e os recursos de zonas verdes. Este sistema utiliza algoritmos preditivos para realizar unha análise de crecemento de vexetación permitindo o control da cuberta vexetal. Está enfocado ás actividades de mantemento de parcelas, xardÃns e outras infraestruturas vencelladas a espazos verdes como liñas eléctricas e estradas.
A solución desenvolvida por Avansig baséase nun fluxo de traballo completo de captura, análise e xestión de información xeoespacial que integra diversas fontes de datos como: datos LIDAR, datos xeográficos e variables meteorolóxicas e climatolóxicas. A partir destes, o sistema obtén predicións fiables e precisas do crecemento da vexetación permitindo unha planificación forestal máis efectiva, anticipando necesidades de mantemento a futuro e dimensionando correctamente os recursos técnicos e humanos implicados.
Con este proxecto, e grazas ao apoio económico do IGAPE, Avansig reafirma a súa aposta pola innovación tecnolóxica e pola xestión responsable da contorna natural.
