Avanza a tramitación do Plan director da industria das TIC 2026-2028
luns, 26 de xaneiro do 2026
A Xunta deu conta dos avances na tramitación do Plan director da industria das TIC 2026-2028, unha folla de ruta coa que o Goberno galego pretende consolidar Galicia como referente europeo en dixitalización, facilitar a transición cara a unha economÃa verde e dixital e impulsar a creación de emprego de calidade nun sector considerado estratéxico para a economÃa da comunidade.
Tras o seu paso polo Consello da Xunta, o borrador do anteproxecto será remitido aos organismos e axentes que participaron na súa elaboración para que poidan presentar achegas. Asà mesmo, solicitaranse os informes preceptivos ao Consello Económico e Social e ao Consello Galego de EconomÃa e Competitividade antes da súa aprobación definitiva.
A industria das TIC representa na actualidade o 2,5 % do produto interior bruto galego e o 2,2 % do emprego, apoiándose nun tecido formado por 3.108 empresas asentadas en Galicia, cunha facturación que superou en 2024 os 3.700 millóns de euros. Desde o ano 2020, o sector rexistrou un crecemento do 21 %, incorporando arredor de 4.000 novos profesionais e elevando as afiliacións á Seguridade Social ata as 23.467 persoas.
Outro dos elementos destacados deste ámbito é a súa elevada participación en programas europeos de investigación, desenvolvemento e innovación, o que sitúa Galicia como a sexta comunidade en emprendemento tecnolóxico, con 229 startups e 15 empresas xa consolidadas como scaleups.
O borrador do Plan director persegue reforzar a modernización e a competitividade do sector mediante a incorporación e o desenvolvemento de tecnoloxÃas dixitais emerxentes, asà como o impulso de novas polÃticas de innovación e sustentabilidade. O documento estrutúrase arredor de dous obxectivos estratéxicos, seis eixes de actuación e oito ámbitos prioritarios, que inclúen unha serie de medidas aÃnda pendentes de pechar. Ademais, prevese un sistema de seguimento das accións, que se realizará de forma conxunta co sector e permitirá adaptar ou redefinir o plan nas súas futuras actualizacións.
A elaboración desta folla de ruta foi o resultado dun proceso participativo e colaborativo desenvolvido a través dun convenio co Clúster TIC de Galicia, no que participaron empresas, clústeres e asociacións industriais, centros tecnolóxicos, universidades, colexios profesionais, organizacións sindicais e empresariais, asà como a propia Administración pública. A este proceso sumouse unha consulta pública realizada a través do portal de transparencia e goberno aberto, dirixida á cidadanÃa e ás organizacións máis representativas.
Ademais do sector das TIC, a Xunta ten declarados nove sectores estratéxicos para a economÃa galega, entre eles a automoción, a construción naval, o forestal, a industria alimentaria, a función loxÃstica, a construción, o metalmecánico e o téxtil e da confección. A elaboración dos plans directores destes ámbitos insÃrese na estratexia de promoción industrial da ConsellerÃa de EconomÃa e Industria e complementa o Plan autonómico de impulso e aceleración de proxectos industriais, co obxectivo de facilitar a transformación do tecido produtivo galego e a xeración de novas oportunidades de negocio e emprego de calidade.
