Ayaneo copia a Steam Deck até no software
venres, 12 de xaneiro do 2024
O
fabricante de consolas Anayeo anunciou no CES de Las Vegas que Ãa lanzar unha
consolas portátil moi semellante á Steam Deck, non só no hardware, senón tamén
no software, xa que funcionarÃa con HoloISO, unha variante non oficial de
SteamOS, de xeito que pretende conseguir boas vendas ao venderse como unha
versión económica da consola de Valve.
Unha vez reveladas as
especificacións, os modelos e os prezos, si temos un interesante produto,
aÃnda que a diferenza de prezo é demasiado cativa (uns 50 dólares) para
competir cun produto con tanto nome como a Steam Deck.
Entrando en fariña, a Ayaneo
Next Lite chegará con pantalla IPS de 7 polgadas cunha resolución de 800p,
con procesador AMD Ryzen 5 4500U ou 7 4800U, 16 GB de RAM, 128/512 GB de SSD,
baterÃa de 47 Wh e un prezo que vai dende os 299 aos 399 dólares, de xeito que,
aÃnda que a versión máis potente ten problemas para competir coa consola de
Valve, o modelo máis básico si resulta competitivo, xa que por 299 dólares ten
un almacenamento SSD de 128 GB, mentres que a versión básica da Steam Deck ten almacenamento
eMMC de 64 GB (ou sexa, máis lento e reducido). Haberá que ver se a
distribución europea non incrementa o prezo dun produto que pode atopar o seu
público entre usuarios que queiran gozar deste concepto de consola portátil sen
realizar un grande investimento.
Un detalle que si cómpre ter moi en conta coa Ayaneo Next Lite é que o seu
almacenamento interno pode actualizarse, soportando memorias NVMe de até 8 TB,
polo que estamos ante un dispositivo que a longo prazo pode resultar moi
interesante, xa que cada dÃas teñen un prezo máis reducido este tipo de unidades
de almacenamento.
VÃdeo de presentacion da Ayaneo Next Lite