Ayaneo prepara unha tableta gaming
luns, 17 de marzo do 2025
Ayaneo presentou a súa primeira tableta para xogar, a Ayaneo Gaming Pad, que funcionará co Snapdragon G3 Gen 3 e terá unha pantalla de 8,3 polgadas cunha resolución de 1.440p e unha velocidade de refresco de 120 Hz, que promete unha grande experiencia de xogo baixo Android, á vez que poden aproveitarse para realizar videoconferencias e retransmisións en directo coa axuda das súas cámaras (unha cámara frontal de 5 Mpíxeles e unha cámara traseira dual cun sensor principal de 50 Mpíxeles e un grande angular de 13 Mpíxeles).
A tableta será compatible con distintos periféricos que permiten engadirlle mandos de xogo, teclados, ratos... para que cadaquén adapte o dispositivo ás súas necesidades de uso. Queda por ver cando e a que prezo sairá á venda este interesante produto.
- Á tableta de Ayaneo poderá engadírselle accesorios como mandos de xogo