Ayaneo presenta a primeira consola portátil con Windows e dobre pantalla
venres, 5 de xaneiro do 2024
Ayaneo continúa
subido ao carro dos ordenadores persoais que adoptan a forma de consolas
portátiles, e este mes vai pór á venda unha destas máquinas que resulta
bastante sorprendente, por contar cunha versión con dobre pantalla, de xeito
que serÃa a primeira consola portátil con Windows en adoptar tal formato.
A Ayaneo Flip chegará en dúas
versións: DS (con dobre pantalla) e KB (con teclado completo), contando tamén
coa clásica cruceta, pancas de xogos analóxicas e unha pantalla IPS Full HD de
7 polgadas cunha velocidade de refresco de 120 Hz que promete ser a delicia dos
amantes do xogo portátil.
Esta consola portátil funcionará cun procesador AMD Ryzen 7 7840U (propio
de equipos informáticos actuais, polo que prevese que ofrecerá un magnÃfico
desempeño), e tamén conta cun sensor óptico que cumpre a función de rato.
AÃnda que a Ayaneo Flip KB entendemos que terá unha boa aceptación entre os
usuarios que queiran gozar dunha experiencia máis completa e versátil, hai
moito interese por ver o uso que fará a Ayaneo Flip DS da pantalla secundaria táctil
de 3,5 polgadas.
En breve saberase as opcións de compra dispoñibles e o prezo deste produto que dá
a entender que a elevada competencia entre este tipo de consolas portátiles
está a tirar da innovación para dinamizar o mercado.
- A aposta pola dobre pantalla é toda unha sorpresa coa que Ayaneo está a atraer moitas miradas