BÄ“m, un altofalante de pulso para usar en mobilidade

luns, 10 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

Os altofalantes Bluetooth están a incrementar a súa popularidade nos últimos meses como unha solución axeitada para escoitar música e outros contidos sonoros dende o noso smartphone ou tablet, pero normalmente están ancorados a unha localización física, e para favorecer o seu uso en mobilidade temos solucións orixinais como o altofalante sen fíos con correa bēm, que podemos levar comodamente no pulso como se fose un reloxo, de xeito que permite que nos movamos pola casa escoitando un podcast ou incluso responder unha chamada telefónica mentres estamos a pasear ao can (pois integra un micrófono).
Este novo dispositivo estará dispoñible en 6 cores rechamantes (branco, negro, gris, vermello, azul ceo e verde), integra botóns de control (para reproducir/pausar/contestar, adiante e atrás), batería recargable mediante micro USB cunha autonomía de ata 6 horas e incluso función conta con funcións avanzadas para chamadas (é compatible con sistemas de marcación por voz e tamén pode emitir mensaxes sonoras coa identificación da persoa que nos chame ao móbil). Un interesante produto que estará dispoñible nun par de meses e que pode encargarse por 49,99 dólares (36,64 euros).

PUBLICIDADE