BIC pon á venda bolÃgrafos que poden facer de punteiros en pantallas táctiles
luns, 12 de agosto do 2013
Coa chegada das pantallas táctiles capacitivas, que permiten
a interacción con tablets e móbiles empregando os nosos dedos, tamén xurdiron
accesorios con forma de stylus que
buscan a precisión e un manexo máis propio de punteiros sobre pantallas
resistivas (evitando tamén deixando as nosas pegadas na pantalla), pero que, ao
non vir integrados nos propios dispositivos táctiles, convértense nun elemento
máis co que cargar, o que resultará máis práctico agora que BIC pon á venda os seus bolÃgrafos Cristal
STYLUS, que no seu extremo posterior incorporan unha goma que pode detectarse
por pantallas táctiles, de xeito que cumpre coa función de bolÃgrafo e punteiro
nun único dispositivo.
Este orixinal bolÃgrafo 2 en 1 está xa dispoñible no catálogo
español de BIC, ofrecéndose coa tradicional punta media que serve para
facer trazos en tinta negra dende a súa punta de 1 milÃmetro de grosor e que véndese dende mediados de xullo
en blisters de 1 unidade (que podemos
atopar por 2,80 euros) ou caixas de 12 unidades (en Reino Unido, onde
púxose hoxe mesmo o produto á venda, tamén está dispoñible en blisters
de 3 unidades).
- O dobre uso dos bolÃgrafos BIC Cristal resulta moi práctico