BIG formación e o Concello de Ribadavia formarán á cidadanía en competencias dixitais

venres, 3 de xaneiro do 2025 S. P.

BIG Formación, en colaboración co Concello de Ribadavia, vai achegar neste comezo de 2025 formación tecnolóxica para a cidadanía do municipio ourensán. Trátase dunha Formación e Competencias Dixitais que inclúe unha titulación específica puntuable para oposicións e unha tableta de balde para as persoas participantes.
Desenvolverase en formato presencial con diferentes módulos temáticos: 12 días de contidos por cada acción formativa, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Arestora está aberto o prazo de matrícula e a inscrición pódese facer xa na Rede a través do documento específico habilitado.
Inclúense os seguintes módulos: busca e xestión da información dixital, nivel básico (do 21 de xaneiro ao 5 de febreiro); creación de contidos dixitais, nivel básico (do 6 de febreiro ao 21 de febreiro); comunicación e colaboración con ferramentas dixitais, nivel básico (do 24 de febreiro ao 14 de marzo); resolución de problemas no entorno dixital, nivel básico (do 17 de marzo ao 1 de abril); e seguridade e civismo na contorna dixital, nivel básico (do 2 de abril ao 25 de abril).
Más información nos teléfonos 654825395 e 657895493 e na conta sandra@bigformacion.com.