BPM Vision, un tensiómetro doméstico que mide o ritmo cardÃaco e detecta a fibrilación auricular
martes, 14 de outubro do 2025
Withings vén de presentar BPM Vision, un novo dispositivo médico que permite medir a tensión arterial e realizar un electrocardiograma en apenas trinta segundos. O aparello chega co obxectivo de facilitar o control cardiovascular desde a casa e contribuÃr á detección temperá da fibrilación auricular, unha das arritmias máis comúns e responsables dun elevado número de accidentes cerebrovasculares.
O dispositivo, certificado pola UE, integra unha pantalla a cor de alta resolución con instrucións paso a paso que axudan o usuario a colocar correctamente o brazal e realizar a medición sen complicacións.
BPM Vision non precisa dun teléfono móbil durante o uso, xa que incorpora conexión Wi-Fi para sincronizar automaticamente os datos coa aplicación Withings, dispoñible en iOS e Android. Esta aplicación permite xerar informes médicos detallados e compartilos con profesionais de saúde, asà como acceder ao servizo Cardio Check-Up, que ofrece revisións de cardiólogos certificados nun prazo inferior ás 24 horas. A compra do dispositivo inclúe un mes gratuÃto do servizo premium Withings+.
Entre as súas funcións destacan a posibilidade de facer lecturas de electrocadriograma cun só contacto, o sistema EasyTrack de titoriais guiados, un modo TripleTrust que realiza tres medicións consecutivas para garantir a fiabilidade, e unha autonomÃa de ata un ano con carga USB-C. Ademais, o brazalete FlexiFit é axustable e desmontable para maior comodidade.
O novo BPM Vision xa está á venda en Europa a un prezo de 179,95 euros a través da páxina web do fabricante (coa opción de adquirilo cun brazalete XL por 19,95 euros máis) e proximamente en Amazon e distribuidores oficiais.
