Baby Shark destrona a Despacito en YouTube
luns, 2 de novembro do 2020
En
agosto de 2017 o tema Despacito de Luis Fonsi con Daddy Yankee convertÃase
na canción máis reproducida da historia en YouTube, con 2.999 millóns de
reproducións, pulo que mantivo durante bastante tempo de xeito que
actualmente suma 7.039 millóns de reproducións.
O éxito de Despacito sorprendeu especialmente polo feito de que a
canción precisou de pouco máis de medio ano para converterse no meirande éxito
da historia de YouTube, tardando só 154 dÃas en superar os 2.000 millóns de
reproducións, deixando claro que o ritmo dos éxitos na plataforma global de
vÃdeo acelerárase moitÃsimo, pero nesta ocasión temos xusto o contrario, xa que
un vÃdeo musical de xuño de 2016 conseguiu que a forza da longa cola o levase a superar
a Despacito con 7.048 millóns de reproducións, e non eu
outro tema que o xa clásico
infantil Baby Shark Dance.
Baby Shark converteuse no tempo en todo un fenómeno,
dando lugar a numerosas versións e incluso conseguindo
coarse en xogos de baile como Just Dance
2020, e dado que o público ao que vai dirixido é moi proclive ás
repeticións, a canción conseguiu acumular un volume de reproducións sen
precedentes, de xeito que a canle de YouTube de Pinkfong é un éxito en si mesmo,
aÃnda que a compañÃa soubo capitalizar a boa acollida de Baby Shark de aà que sexa posible atopar dende cereais da marca Kellogg’s até
material escolar.
A nivel galego, Esther Estévez do #DÃgochoEu aproveitou a
música de Baby Shark para lembrar en
TikTok que a palabra tiburón está aceptada en galego (asà como quenlla, pero non tabeirón), deixando claro o impacto viral desta canción
na Rede.
VÃdeo musical oficial de Baby Shark Dance (outras versións da canción na mesma canle de YouTube tamén acumulan centos de millóns de reproducións)
