Baiona loce potencial turístico con visitas virtuais para o mundo a través do YouTube

mércores, 19 de xullo do 2023 S. P.

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Turismo, está realizar este mes de xullo unha nova campaña de promoción turística dixital que incorpora como principal novidade circuítos virtuais en directo por dar a coñecer a serra da Groba e os cabalos garranos. “O obxectivo é abrirnos aos mercados internacionais que se consideran prioritarios polo volume de turistas que poden achegar a Baiona e o seu potencial de crecemento”, sinalan dende o Concello. A primeira destas experiencias desenvolveuse este domingo 16 de xullo. O día 30 celebrarase unha segunda sesión, con conexión ás 21.30 horas a través de YouTube.
A inserción promocional de Baiona e do seu entorno natural como destino turístico na plataforma dixital Youtube, ofrecerá dous circuítos ou viaxes virtuais en directo a cidadáns de todo o mundo. A previsión é captar audiencia de EE.UU., Canadá, Reino Unido, Australia ou Nova Zelandia. Tamén de varios países europeos e mesmo de Xapón e China.
Segundo engaden fontes do Concello “todas aquelas persoas interesadas en coñecer de primeira man o noso marabilloso entrono natural, os nos cabalos salvaxes así como gozar da nosa magnífica posta de sol desde este enclave do noso monte, poderán conectarse de forma gratuíta en directo o domingo 30 ás 21:30h desde a comodidade da súa casa a través dunha conexión a Internet e gozar da emisión”. Nas conexións tamén participará Adrián Martíns, ideólogo dos Safari Etolóxico de Garranos pola Serra da Groba.
Os circuítos virtuais teñen unha duración de 90 minutos aproximadamente. Durante o circuíto pódese interactuar en directo cos viaxeiros por un chat a tempo real (eles escriben preguntas e o guía a pé de rúa pódeas ver na pantalla do móbil e contestar en directo, falando e interactuando co público).
Ademais, esta plataforma está dispoñíbel para todos os públicos polo “que viaxeiros nacionais ou mesmo aqueles baioneses e baionesas nostálxicos que non poidan vir até Baiona para gozar en directo do seu entorno”, engadiu o Concello.