Baiona organiza cursos para mellorar con TIC a empregabilidade das mulleres
martes, 8 de setembro do 2020
O
Concello de Baiona, a través do
seu departamento de Igualdade, comunicou estes dÃas a apertura do
prazo de inscrición para participar nunha iniciativa de
alfabetización e capacitación dixital que pon o foco na poboación
feminina. Trátase
do programa Achégate ás novas tecnoloxÃas, unha
iniciativa que busca equipar ás mulleres dos recursos precisos para
afrontar todo tipo de operacións e trámites online (como por
exemplo trámites dixitais coas administracións), para mellorar a
súa empregabilidade ou para ampliar os seus coñecementos
tecnolóxicos.
A
actividade, que é cen por cen de balde, foi concedida ao Concello de
Baiona no marco do programa de promoción da igualdade e de
prevención da violencia de xénero da SecretarÃa Xeral da Igualdade
e co-financiada pola Unión Europea a través do Programa Operativo
FSE Galicia 2014-2020.
Inclúe
catro cursos de 12 horas de duración cada un e desenvolveranse en
horario de mañá e tarde do 15 ao 24 de setembro.
As mulleres
interesadas en participar poden contactar co Centro Municipal de
Información á Muller (CIM) no teléfono 986 35 75 54 de luns a
venres en horario de 8:30 h a 13:30 h.
