Balidea apoiou unha xeira deportivo-tecnolóxica con sesenta nenos de Chernóbil
martes, 2 de agosto do 2016
A empresa galega Balidea está a amosar unha
importante vertente solidaria. Se hai uns dÃas falamos
en Código Cero dos seus desenvolvemento tecnolóxicos para a saúde
cántabra e para
o Concello de Terrassa (Catalunya), agora é a
quenda de informar do seu apoio ao programa de acollida de nenas e
nenos de Chernóbil levado a cabo pola Asociación Ledicia Cativa.
Máis polo miúdo, este apoio materializouse nunha xornada de
convivencia celebrada este sábado 30 de xullo na praia de Sabón, en
Arteixo, ao abeiro das actividades do campus de verán da Escola de
Fútbol Praia RA10, impulsada polo xogador Ramiro Amarelle.
O respaldo de Balidea con estas actividades ten a
súa razón de ser na necesidade de botar unha man cun colectivo de
nenas e nenos residentes en Rusia, UcraÃna e nos paÃses da contorna
que, lonxe de ser testemuñas dunha diminución dos problemas
derivados do accidente nuclear acontecido en 1986 (debido aos anos
transcorridos), son vÃtimas dun incremento das doenzas oncolóxicas
provocadas (aÃnda) pola radiación. Os nenos (arredor duns sesenta)
que participan no programa de Ledicia Cativa proceden da rexión rusa
de Briansk, unha das máis afectadas pola radiación de Chernóbil.
Balidea convidounos por segundo ano consecutivo a
participar nunha xornada de convivencia dentro do programa de
actividades do campus de verán da Escola de Fútbol Playa de Ramiro
Amarelle. Ademais, co engadido extra de acompañaren a súa xeira
deportiva coa presenza da tecnoloxÃa Adestrapp
de Balidea, que como lembraremos permite a gravación e visualización
de imaxes deportivas que logo se poden ver ao detalle co fin de
corrixir erros e mellorar as técnicas.