Balidea desenvolve un novo portal para o Concello de Copenhague

xoves, 5 de novembro do 2020 S. P.

O Concello de Copenhague decidiu renovar a súa plataforma dixital ao completo, orientada tanto á cidadanía da capital de Dinamarca como a empregados internos. Por iso, e en colaboración co seu socio danés Kruso, a empresa galega Balidea, centrada en desenvolvementos tecnolóxicos avanzados, vén de comezar a materialización do novo portal Evento, a través da versión 9 do referencial sistema de xestión de contidos Drupal.
Por certo que Evento aglutina un total de 32 portais web da dita Administración. “Trátase dun proxecto complexo e ambicioso que poderá mellorar e optimizar as necesidades dos usuarios”, explican fontes de Balidea.
A empresa de Santiago e Kruso colaboran xunto a outro catro provedores desde 2017. Ademais do desenvolvemento do portal Evento, gañaron outros contratos baixo o mesmo convenio marco, e manteñen aínda en curso algunhas destas tarefas.

PUBLICIDADE