Band Hero chegará á Nintendo DS con novos accesorios
venres, 24 de xullo do 2009
- O Drum Grip permite usar os botóns da DS coma se fosen unha batería
Seguindo coa
franquía de Guitar Hero para a
Nintendo DS, Activision anuncia que Band
Hero (a versión popeira do xogo guitarreiro que sairá en novembro) terá
a súa propia versión para a portátil de Nintendo, que para conseguir unha
experiencia de xogo axeitada contará con novos accesorios de xeito que será
posible facer uso de guitarra e baixo (cun accesorio coma o que xa incluía o Guitar Hero On Tour), a voz e mesmo a
batería (cun recubrimento de goma que pode colocarse sobre os botóns da
Nintendo DS dándolles a forma dunha batería normal, aínda que continuará sendo
posible xogar valéndose da pantalla táctil da consola).
O Band
Hero DS incluirá 30 temas de grupos actuais coma Blink-182,
Avril Lavigne, The Killers, KT Tunstall e Fall Out Boy, e coma novidade tamén
ofrecerá un editor de rockeiros que
permitirá personalizar os personaxes do xogo.
Segundo parece, o Guitar Grip continúa a funcionar conectado ao porto de Game
Boy Advance da Nintendo DS, polo que sería incompatible coa nova Nintendo DSi.
- A diferenza entre o Guitar Grip de Guitar Hero On Tour e Band Hero será só estética