Bandai Namco protagoniza o novo Humble Bundle
martes, 31 de xaneiro do 2017
Xusto
na semana na que coñecemos a nova do pasamento de Masaya
Nakamura, fundador de Namco, dende Humble Bundle lanzan un lote de xogos de
Bandai Namco, que estará dispoñible durante un par de semanas, e que cos
ingresos das súas vendas recadará fondos para as entidades solidarias Extra
Life, Save The Children e Child’s Play.
Os usuarios que acheguen un mÃnimo de 1 dólar recibirán tres xogos de Bandai
Namco, que comezan por todo o grande cunha revisión dun clásico, Pac-Man 256, que chegará acompañado por Ace Combat: Assault Horizon na súa edición mellorada e Enslaved: Oddyssey to the West, na súa
edición Premium.
Quen pague máis da media (menos de 7 euros no momento de escribir estas liñas)
poderán incorporar á súa colección de xogos en Steam o xogo de condución Project CARS, o tÃtulo de estratexia Warhammer 40.000: Eternal Crusade e o
xogo de loita Naruto Shippuden: Ultimate
Ninja Storm 3 Full Burst, aos que unirase algún xogo máis dentro dunha
semana.
Finalmente os que paguen a partires de 15 dólares (algo máis de 14 euros)
recibirán Tales of Zestiria e un lote
con 12 elementos descargables para Project
CARS. Adicionalmente tamén existe a posibilidade de pagar 35 dólares (uns
33 euros) para engadir ao lote en pedido anticipado o xogo Little Nightmares, aventura de Tarsier Studios que espérase que
vexa a luz o 28 de abril.
- Pac-Man 256 destaca entre os xogos deste novo Humble Bundle