Bard integra Gemini Pro internacionalmente
xoves, 1 de febreiro do 2024
Cando entramos no chat mediante intelixencia artificial de Google, chamado polo momento Bard, aseguran que veñen de incorporarlle a potencia de Gemini Pro, o modelo de linguaxe que pretende compararse co GPT-4 de OpenAI. Supostamente a renovación deberÃa de estar activa en España e en español, pero polo momento non parece que o salto de calidade sexa realmente efectivo, e cando menos ao facerlle preguntas ao asistente seguimos atopando un volume de alucinacións realmente escandaloso, polo que está moi lonxe de poder empregarse como unha alternativa ao buscador.
Con esta actualización aseguran que Bard terá moita máis capacidade de aprender, resumir, razoar, facer tormentas de ideas, escribir e planificar, pero é algo que teremos que ir vendo segundo vaia avanzando este chat co que Google está a esforzarse para demostrar que está nunha boa posición na carreira da IA.