Barnes & Noble asóciase con Samsung para lanzar o seu novo tablet
xoves, 5 de xuño do 2014
Barnes & Noble leva tempo comercializando os seus
propios dispositivos electrónicos, pero para poder ofrecer o último en
tecnoloxÃa decidiu agora facelo da man un dos fabricantes lÃderes, e presenta
hoxe o Samsung Galaxy Tab 4 NOOK, un novo tablet orientado a consumidor os
contidos dixitais de Barnes & Noble. Esta versión do Galaxy Tab 4 integra
unha versión do software de NOOK para Android que facilita considerablemente o
acceso aos libros, revistas e xornais que distribúe B&N en formato dixital.
Polo momento este tablet limitará a súa distribución aos EE.UU., onde sairá á
venda no mes de agosto dende as súas preto de 700 librarÃas e a través da
páxina web de Barnes & Noble por un prezo que agárdase que estea entre os
150 e os 200 dólares, e que poderiamos velo como a resposta de B&N aos
Kindle Fire de Amazon.
O novo tablet conta cunha pantalla de 7 polgadas cunha resolución de 1.280 x
800 pÃxeles, procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, 1,5 Gb de RAM, cámaras de 3
e 1,3 MpÃxeles, 8/16 Gb de almacenamento interno e sistema operativo Android
4.4 co software de NOOK pre-cargado.