Base para discos duros SATA con hub USB e lector de tarxetas de memoria

venres, 27 de xuño do 2008 Marcus Fernández

A popular tenda de Kong Kong, Brando, vende unha nova base para conectar externamente discos duros internos SATA de 2,5 e 3,5 polgadas e que para redondear o produto incorpora tamén un concentrador de 2 portos USB, un lector de tarxetas de memoria con 4 fendas (que soporta tarxetas SD, SDHC, Extreme SD, Extreme III SD, Ultra II SD, MMC, RS MMC, HS RS MMC, X-Memory e os distintos tipos de Compact Flash e Memory Stick) e con función de copia de seguridade con só premer un botón.
Esta base Unitek para discos duros SATA mide 165,5 x 110 x 102 milímetros e 236 gramos de peso, que se vende a 53 dólares (33,92 euros).

PUBLICIDADE