Base para discos duros SATA con hub USB e altofalante integrados

luns, 6 de abril do 2009 Marcus Fernández

A tenda de Brando incorporou ao seu catálogo un dispositivo que serve coma adaptador externo para discos duros SATA tanto de 2,5 coma de 3,5 polgadas, de xeito que os podemos conectar por USB ao noso equipo sen ter que abrir a súa carcasa, e aproveitando o espazo que ocupa o trebello decidiron aproveitar os seus 13,4 x 11,7 x 5,6 centímetros para dotalo dun concentrador para 2 portos USB, uns altofalantes estéreo de 3 vatios e incluso unha tarxeta de son por USB, todo iso por só 59 dólares (uns 44 euros), polo que é unha opción moi interesante para todo aquel que precise da conexión externa de discos duros (que actualmente están considerados coma un dos soportes de almacenamento masivo máis económicos), e que prefira adquirir un dispositivo que sirva para algo máis.

PUBLICIDADE