Base para o iPod que funciona coma espertador con vibración
martes, 2 de marzo do 2010
Os iPod e iPhone
contan cun amplo abano de bases de carga que integran altofalantes e espertador,
de xeito son ideais para colocar na mesiña de noite, e dentro destes
dispositivos o iMM178
Vibe Plus de iLuv vai a onde ningún outro foi antes, engadindo un
módulo externo con vibración pensado para colocar debaixo da nosa almofada que,
aparte de servir para ser máis consciente das alarmas programadas, tamén inclúe
un pequeno altofalante e control de volume, polo que non é preciso dar a volta para escoitar claramente a
nosa canción favorita ou un programa de radio (a base tamén inclúe sintonizador
de radio FM).
Este orixinal dispositivo permite que durmamos ou espertemos escoitando a radio
ou a música no iPod/iPhone, asà coma tamén podemos espertar cun pitido (a
elixir entre 7) ou coa vibración do accesorio externo. A súa radio FM conta con
8 memorias programables e o
seu prezo estimado é de 89,99 dólares (66,35 euros) polo que estamos
ante un produto cun prezo bastante axustado se comparámolo con outros trebellos
semellantes que hai no mercado.
- Se esquecemos o accesorio vibratorio, o iMM178 é como moitas outras bases para o iPod que hai no mercado