Batería de pulso para os nosos trebellos electrónicos

luns, 28 de marzo do 2011 Marcus Fernández

A batería de pulso pode incrementar a autonomía da nosa consola portátil

Unha das principais carencias de moitos dispositivos electrónicos é a súa autonomía, de aí que ThinkGeek incorporase ao seu catálogo o Universal Gadget Wrist Charger, ou sexa, un cargador universal de trebellos que pode levarse no pulso, e que integra unha batería de Ion Litio de 1.500 mAh que mide 256 x 12 milímetros, pesa 82 gramos, e pode empregarse para incrementar a autonomía de dispositivos coma o iPhone, consolas portátiles (PSP, Nintendo DS Lite/DSi/3DS), e numerosos móbiles que permiten a súa carga por USB.
Este cargador de pulso tamén leva un indicador de carga con 4 niveis, inclúe un cable mini USB, un cable para conectar o trebello a cargar e 9 conectores para adaptar esta batería externa a disparidade de trebellos. O prezo de venda desta curiosidade ideal para a longas viaxes é de 34,99 dólares (24,81 euros).

Esta batería externa pode cargarse a través de USB

PUBLICIDADE