Batman: Arkham Asylum volve ás tendas ¡en 3D!
martes, 16 de marzo do 2010
O pasado verán
despediuse coa chegada dun magnÃfico videoxogo para PC, Xbox 360 e PlayStaiton
3, Batman: Arkham Asylum, que a
semana que vén vai retornar ás tendas cunha nova edición Juego del Año que incluirá, aparte do xogo, 6 novos
mapas de desafÃos e a posibilidade de xogalo en 3D sen precisar dun equipo
especial e incluÃndo lentes para poder gozar do modo de xogo estereoscópico.
Esta edición do xogo polo momento é exclusiva de Europa, Asia e Australia, de
xeito que os xogadores norteamericanos, que puideran gozar dunha edición de
coleccionista de auténtico luxo, desta volta quedarán fóra do ámbito de
distribución desta nova entrega do xogo do Home Morcego que está á espera dunha
secuela que posiblemente veremos no mes de agosto.
Trailer da edición Juego del Año de Batman: Arkham Asylum