Batman: Arkham City apostará pola liberdade de movementos cun mapa de grandes dimensións
martes, 1 de febreiro do 2011
No outono teremos
finalmente o xogo Batman: Arkham City,
unha secuela moi agardada por continuar cunha saga que foi toda unha sorpresa
pola súa calidade ata converterse no que posiblemente é a mellor adaptación dun
personaxe de cómic ao mundo do videoxogo, e do que imos sabendo detalles cada
mes. Esta semana o que dan a coñecer da man do director dos estudos Rocksteady,
Sefton Hill, é que o
novo tÃtulo terá un mapa 5 veces máis grande que o de Batman: Arkham Asylum, para aumentar a liberdade de movementos do
xogador, que poderá elixir se centrarse no núcleo narrativo ou emprender outros
retos secundarios, descubrir segredos ou explorar rúas de xeito que será doado
meterse en loitas contra os moitos delincuentes que aparecen nesta nova
aventura do cruzado enmascarado.
Dende
Rocksteady tamén distribuÃron unha serie de imaxes novas do xogo, nas que
podemos ver a Dúas Caras, Harley Quinn e distintas secuencias de Batman: Arkham City.
- Será doado participar en combates ao longo de toda a cidade
- Harley Quinn volverá a aparecer nesta nova entrega do Batman de Rocksteady Studios
- O mapa do xogo será 5 veces maior que o da súa anterior entrega
- O xogo recuperará a mestura de combate e sixilo coma fórmula de éxito
- Rocksteady Studios distribuÃu imaxes promocionais entre as que figura un orixinal cartel protagonizado por Dúas Caras