Batman: Arkham Knight recibe novos episodios descargables

mércores, 25 de novembro do 2015 Marcus Fernández

O xogo Batman: Arkham Knight, que por fin está dispoñible con normalidade para as súas tres plataformas (Xbox One, PlayStation 4 e PC) tras solucionar os seus problemas (aínda que non completamente) na versión para ordenadores persoais, estrea hoxe novo contido descargable, que poderán descargar sen custo adicional os que adquirisen o pase de tempada e que tamén poderá adquirise por separado (aínda que estes últimos terán que agardar ao 1 de decembro para poder efectuar a descarga).
O DLC de novembro inclúe o batmóbil e o bat-traxe que aparecerán no filme Batman v. Superman, e un par de episodios que ampliarán a historia do xogo permitindo controlar a personaxes alternativos: así en Catwoman’s Revenge adoptaremos o rol de Catwoman nunha aventura que ten lugar despois dos eventos de Batman: Arkham Knight, de xeito que a protagonista perseguirá a vinganza do Riddler; mentres que en Robin: Flip a Coin o compañeiro do Cabaleiro Escuro terá que enfrontarse a Dúas Caras.

Vídeo promocional dos contidos descargables para Batman: Arkham Knight que se estrean hoxe

PUBLICIDADE